Uxía, Magín Blanco, Isaac Palacín, Carlos Blanco, Tanxarina Teatro… e un mollo de artistas únense para botar a andar a locomotora musical máis divertida, atolada e sensible que nunca se viu.
María Fumaça un proxecto literario e audiovisual, constituído por un libro máis un cd e un dvd que gravita arredor da festa e da felicidade. O traballo de ilustración, a edición dos videoclips, as letras… todo está pensado para que se cumpra o lema deste traballo: cantar e bailar para ser máis feliz.