Os veciños de Redondela amenceron hoxe cun achado pouco habitual. Unha balea apareceu morta na zona da Portela. Trátase dunha cría duns seis metros de lonxitude, que morreu ao achegarse demasiado á costa. Foron os veciños da zona os que alertaron ao Concello ao descubrir o animal, cando baixou a marea.