O vindeiro sábado en horario de mañá a partir das 10:30 e pola tarde dende as 17:00 ata as 20:00 horas, un total de 250 nenos e nenas procedentes dos Club de Natación de Sanxenxo, Rías Baixas, Mos, Codesal, Miraflores Ourense, Vigo, Ourense, Riveira, Boiro, Ponteareas, Vilagarcía, Galaico e Redondela participan no II Trofeo Marisma Concello de Redondela. Trece equipos procedentes de diferentes puntos de toda Galicia entre os que atoparemos tamén 22 nadadores de Redondela que disputarán 38 probas en diferentes estilos e categorías.