O director do festival, Luis Crespo, salienta que esta edición do festival internacional ten tamén un marcado acento redondelán, co concerto de Tatán que inaugura as actividades na noite de luns, e a presenza no cartel da agruapación local Tanxarina. A eles súmase a compañía Baobab, na que participa a redondelá Andrea Bayer, que inclúe nos seus espectáculos lembranzas da súa infancia. O alcalde redondelán, Javier Bas, reivindica o festival como un “sinal de identidade” de Redondela, onde a participación da sociedade é “fundamental”, e salienta o bo traballo da dirección do certame e do colectivo Xente Titiriteira. Haberá moita presenza de artistas galegos, e tamén agrupacións de comunidades como Cantabria, Aragón, Cataluña e Canarias. A presenza internacional chega dese Francia, Portugal, Holanda, Dinamarca e a República Checa. O Festival arrancará o día 16 cun concerto inaugural a cargo de Tatán e o seu Chapeu, e que terá lugar ás 23:00h na Casa da Torre

(texto Ana Prieto)