Os monicreques son os protagonistas durante estes días en Redondela. O Festival de Titeres que xa celebra a súa dezasete cedición leva a vila 26 compañías de teatro de diferentes países. Centos de afeccionados aproveitaron o día festivo para gozar do espectáculo dos monicreques.
A maxia dos monicreques invade estes días a vila dos viaductos onde as rúas e as prazas se transforman en escenarios improvisados con espectáculos e musicais. O festival de Titeres é un referente en Galicia e quedou demostrada un ano máis pola grande afluencia de xente e polo número de compañías que participan. En total 26 compañías de diferentes países.
O menú do festival é variado con teatro de monicreques, espectáculos itinerantes e musicais para toda a familia.
Os monicreques son os verdadeiros protagonistas dos 81 espectáculos que ata o próximo domingo animan a vila no que xa é a cita cultural máis importante do ano en Redondela.

 

(fonte. tvg)