O Choco segue escribindo máis páxinas no seu libro de ouro. Gañoulle ao Badaxoz por dous a un na ida da primeira eliminatoria. Óscar Comis adiantou o equipo de Redondela. Empatou para o Badaxoz Carreño logo deste penalti ao pouco de comezar a segunda metade. O definitivo dous a un marcouno Fernando Beltrán á saída dun córner. O Choco defenderá esa pequena vantaxe no Novo Vivero.