A Festa da Coca deste ano inclúe unha programación musical variada que vai dende o concerto de rock que ofrecerán os grupos locais RMS e Nocheni na noite do mércores, a música folk de A Roda e Pan de Capazo, as tradicionais orquestras que amenizarán as verbenas e a actuación de Abba Show Live. Unha banda sonora do máis variado para unha cita na que os elementos tradicionais son o seu eixo fundamental, coa elaboración das alfombras florais na noite do mércores e a Danza das Espadas e as Penlas o xoves ao mediodía na Praza da Constitución. Margot Araujo será a encargada da lectura do pregón o mércores ás 20:00 horas.