Un total de 150 patinadores participarán este sábado nunha proba do Campionato galego escolar na modalidade show. Unha actividade organizada dende o club de patinaxe Bolboreta de Redondela en colaboración coa concellería de deportes. As portas para asistir a esta vistosa modalidade deportiva abriranse ás 18:00 horas.

O presidente do club Bolboreta, José Albán, anima aos veciños a asistir para gozar das piruetas dos deportistas na pista pero tamén para achegarse a un deporte cada vez máis espallado e que conta xa no noso concello cun total de 80 patinadores. Nenos e nenas de entre 4 e 17 anos que non dubidan en sacrificar o seu tempo de ocio para adestrar duramente e poder así lograr acceder á competición oficial.

Fonte:Radio Redondela