Redondelatv, súmase no máis sentido pésame pola recente morte dunha das persoas máis comprometidas coa cultura en Redondela ó redor das Festas da Coca, Margot Araujo foi para Redondelatv unha persoa que sempre que se lle puña un micro diante só tiña boas palabras e colaboración absoluta. No día de hoxe queremos renderlle a nosa homenaxe coa lectura do pregón das Festas da Coca deste ano e como non cunha entrevista realizada o domingo de Corpus á saída da procesión en Vilavella. Gracias ao arquivo visual de Redondelatv poderemos ter sempre presente a unha querida e admirada compañeira. O noso pesar máis infinito á familia.

(texto do vídeo no seu momento)

Un ano máis Redondela celebrou por todo o grande a festa da “Coca” os actos comezaban o mércores coa lectura do pregón dende o balcón do Concello, a persoa escollida para tal evento foi Margot Araujo, responsable entre outras cousas de poñer en valor e rescatar os traxes tradicionais  das “Penlas”. Araujo comentou como vivía cando ela era pequena a celebración da Festa.

Vídeos relacionados