Fernando puertas “Ley” formou parte da Danza das Espadas nos anos 60 ata o ano 69 que por mor da emigración tivo que deixar de bailar a Danza. O seu avó e o seu pai tamén foran “Danzantes ” como di “Ley” é algo que o levamos no sangue. Fernando lembra con moita emoción como eran aqueles momentos nos que bailaba xa que por aquel entón formar parte da Danza era como xogar na primeira división. Xa vivindo en Suíza ía xunto a súa muller ao Centro Galego e así como escoitaba o son da gaita entráballe a nostalxia galega, ata que un día interpretou a Danza das Espadas en Suíza.