Un deporte que está en pleno auxe grazas á Escola de Ciclismo de Redondela. Samuel Blanco Prol foi recibido o mércores pasado polo concelleiro de deportes Julio Mougán. O xoven ciclista ven de gañar a volta á Coruña na categoría sub 23. Toda unha promesa que se está a cumprir.