Os pasados 9, 10 e 11 de xuño celebrouse na parroquia de Saxamonde a X edición do Festival Alternativo Millo Verde. Cunha ampla oferta de actividades, as e os asistentes, puideron gozar dos torneos de basket e fútbol, escalabirras… ademais dos postos de artesanía e por suposto os concertos que tiveron lugar os tres días do festival. O Millo Verde consolidase como un dos Festivais de referencia a nivel galego.