O pasado luns celebrouse no Multiusos da Xunqueira o pleno do Concello de Redondela. O Equipo de Goberno levou ao pleno unha proposta de modificación da ordenanza de recollida do lixo. A proposta foi rexeitada cos votos en contra de PSOE, AER, BNG e Grupo Mixto.