O pasado luns celebrouse no Multiusos da Xunqueira o pleno do Concello de Redondela. O PSOE levou ao pleno unha moción para instar á Xunta de Galicia a revisar os protocolos de actuación do servizo de Emerxencias 112. A proposta foi aprobada por unanimidade.