Detido un menor de 17 anos por presunta violación dunha rapaza de 15, en Chapela, Redondela. A agresión teríase producido a madrugada do venres, ao redor das tres, durante as festas da Virxe do Carme. Unha amiga da agredida foi quen deu a alerta ao 091. A vítima foi levada ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, para un recoñecemento médico e un exame do forense. O suposto agresor foi arrestado por un presunto delito de agresión sexual consumado. Segundo apuntan é de orixe brasileiro. O caso está en mans da Fiscalía de Menores.

Fonte: TVG