Dende a chegada a Galicia do tren de alta velocidade o apeadeiro de Chapela sufriu unha importante perda de viaxes de corta distancia a Vigo e arredores. Co novo trazado do tren o antigo apeadeiro sufriu o abandono pese os seus intentos de convertelo nunha senda verde como se tiña pensado. Nesta moción presentada pola voceira Raquel Quintáns volve a pedir ó pleno que o Concello de Redondela inste as autoridades pertinentes que non deixen no abandono e que se poñan canto antes no traballo da prometida senda verde en Chapela.