Un incendio en Redondela acendeu todas as alarmas entre os veciños da parroquia do Viso, pois as lapas achegáronse moito ás casas. De feito dúas vivendas tiveron que ser desaloxadas e chegaron a arder unha caravana e un invernadoiro. O lume calcinou cinco hectáreas do monte da Peneda. Os servizos de emerxencias, entre eles sete brigadas, cinco motobombas e catro helicópteros, sufocaron as lapas nunhas dúas horas.