O Club deportivo C.A.R celebrou o pasado sábado a III Travesía a Nado San Simón cun total de 202 participantes, as seis en punto da tarde saían  os nadadores cara a Illa de San Simón onde estaba a primeira das catro balizas para seguidamente pasar por debaixo da ponte da illa que une San Simón con San Antón. unha vez chegado a segunda baliza o mar amosaba a súa peor cara poñendo aos nadadores e nadadoras algo máis de resistencia. Antonio Serrat Seoane cun tempo de 22′:08” foi o primeiro en percorrer os preto de 1.800 metros e Ana Pérez Garcia foi a primeira das mulleres en acadar a meta  cun tempo de 25′:35”. O primeiro redondelá masculino foi Fabián Ubeira cun tempo de 27′:11” e a primeira muller foi Antía Collazo cun tempo de 27′:52”.