Piedad é a película que estará na sección “Máis Minutos” no 9º Festival Nacional de Curtametraxes “Redondela en Curto”  o sábado 27 de Abril ás 22h. Para a proxección do documental contarase coa presenza do seu director Otto Roca.

Sinopse: Aos 76 anos ,aparece o Alzheimer na vida de Piedad. A progresión da enfermidade motiva que Amadeo, o seu fillo máis novo, tome a decisión de levar a súa nai a vivir á cidade de A Coruña xunto ao resto da familia. Na nova vida de Piedad non se sabe que é verdade ou lembranza e qué é producto da súa enfermidade.