O Entroido de Verán de Redondela é unha das festas máis multitudinarias da Vila, milleiros de persoas abarrotan as rúas de Redondela dende a primeira hora da mañá nesta 19ª edición a cifra estipulada de asistentes ascende a 25.000 polo que o concello de Redondela aumentará a seguridade en todas as zonas da Vila. Aínda que o acto principal do Entroido estará na explanada da feira, este ano se habilitan novos espazos como poden ser o campo de fútbol sala da Xunqueira. K-Narias, La Ricura e a  orquestra New York serán os grupos encargados de amenizar o día.