O bo tempo fixo que este ano a XIX edición do Entroido de Verán fora unha das máis multitudinarias ata dia de hoxe, dende primeiras horas da mañá xa se podía apreciar os primeiros disfraces polas rúas da vila. foi entrada a media tarde cando milleiros de persoas invadiron calquera das rúas de Redondela. Tanto as animacións para os máis cativos como o campo da feira onde se celebraron os concertos facíase practicamente transitar, calquera praza ou recuncho da Vila servían para facer un escenario e festa improvisada. Redondela volveu ser un ano máis o referente do entroido en Galicia.