Naceu en plena revolución francesa e popularizouse na segunda metade do século XIX.. Pero o cabaré segue a estar de plena actualidade. Sábeno ben en Redondela, onde hoxe comeza o décimo Festival Galego de Cabaré, que reúne nesta vila pontevedresa algúns dos artistas máis representativos do xénero. Espectáculos eróticos e pícaros conviven con propostas dirixidas ao público infantil.

 

Fonte:TVG