A Exposición bibliográfica “O libro ilustrado: imaxes que contan” organizada pola Fundación Filomena Rivero Alonso e as Bibliotecas Municipais de Redondela, continúa o seu percorrido polos grandes nomes da ilustración, dedicando o mes de agosto e setembro a Richard Scarry
A mostra de Scarry estenderase ata o 30 de setembro en que dará paso a un novo artista e pode ser visitada na entrada do Multiusos da Xunqueira (Redondela) no horario de apertura do mesmo. A Fundación Filomena Rivero pon a disposición dos centros educativos algúns dos títulos da serie para ser traballados na aula. Os centros interesados poden poñerse en contacto coa biblioteca municipal de Redondela.