O incendio nunha lancha abandonada provocou a alarma entre os veciños de Chapela, en Redondela. Como consecuencia do lume orixinouse unha enorme columna de fume negro que se vía mesmo dende a autoestrada. Foi no peirao do Cubillón, na zona das naves frigoríficas de Chapela. Queimouse madeira, pezas de poliéster e un pneumático. Ao lugar do suceso trasladáronse o Servizo de Emerxencias de Redondela e os Bombeiros de Vigo que extinguiron con rapidez o incendio, do que polo de agora se descoñecen as causas.