Rafael Abeijón era un dos membros máis activos, ademais de ser o impulsor, da Fundación motociclista TT de Rande. En 2014 falecía mentres practicaba outra das súas grandes paixóns , o montañismo. O redondelá sufría un accidente mortal mentres escalaba o pico Aneto nos Perineos. Dous anos despois,  os seus  compañeiros non se esquecen del organizándolle unha homenaxe ao que asistían moteiros e moteiras chegados dende todos os puntos da provincia.

Fonte : CambioDeRasante