O pleno do concello aprobou por unanimidade solicitar a Educación a desafección das vivendas das antigas casas dos mestres de Santa Mariña. O goberno insistiu en que unha vez que estes inmobles deixen de ter uso de residencia de profesores serán destinados a creación de vivendas de uso social, unha cuestión que xerou debate ao entender tanto PSOE como BNG que “as vivendas socias deben integrarse por todo o territorio e non concentrarse nun único espazo para evitar a creación de guetos”.

Fonte: M. X. Queimaliños