O grupo municipal de AER levou unha moción ao pleno na que se solidarizan cos afectados da Plataforma Vítimas Alvia 04155, o encargado de ler o manifesto foi un dos representantes dá Plataforma, o manifesto contiña os seguintes puntos:

1 Dar apoio expreso ás vítimas da plataforma
2 Que o Concello reciba aos membros da plataforma para coñecer as súas demandas e reinvidicacións
3 Solicitar ao goberno do Estado que se encargue de crear unha investigación de expertos para investigar o sucedido no accidente
4 Solicitar ao futuro goberno do Estado a apertura dunha comisión de investigación en Sede Parlamentaria para establecer futuras responsabilidades políticas