O Servizo de Normalización Lingüística e a Concellaría de Cultura organizaron unha nova actividade de divulgación do patrimonio e a microtoponimia para a rapazada redondelá. Baixo o título COÑECENDO REDONDELA, celebráronse uns talleres de arquitectura e microtoponimia para nenas e nenos, co obxectivo de divulgar entre a poboación infantil o patrimonio arquitectónico de Redondela, descubrir a súa historia e afondar no coñecemento do territorio e da lingua a través da microtoponimia.