O C.D.Choco, Cesantes, Chapela, Atlético Vilar e Peña Berete, serán os participantes do Trofeo de Fútbol Concello de Redondela que se disputará os días 5 e 12 de outubro no campo de Parada, en Chapela. Este tradicional torneo disputábase anteriormente no verán, pero  mudouse de data  para que as plantillas estiveran xa  construídas e os equipos tiveran maior potencial futbolístico. No día de onte celebrouse no concello de Redondela o sorteo para establecer o calendario de partidos.