A proposta de AER, aprobada en pleno por unanimidade, propón un plan de sinalización con pictogramas nos edificios, dependencias, instalacións e espazos públicos do Concello de Redondela. A medida serviría para eliminar as barreiras cognitivas coas que se atopan as persoas con necesidades diferentes. Beneficiaría particularmente a persoas con trastornos do espectro do autismo ao favorecer a súa accesibilidade a diferentes servizos, así como a outros colectivos que atoparán nos pictogramas unha valiosa axuda.

Cando empregamos pictogramas, explican dende a Agrupación de Electores “o entorno vólvese máis previsible e comprensible á hora de orientarse e de utilizar os servizos”. Isto beneficiaría particularmente a persoas con trastornos do espectro do autismo (TEA) e por extensión, a outros colectivos que se verán beneficiados deste tipo de adaptacións e atoparán nos pictogramas unha valiosa axuda (persoas con discapacidades cognitivas e mentais, persoas con incapacidade na fala, persoas maiores, nenos e nenas, persoas analfabetas funcionais ou mesmo estranxeiros que descoñecen o noso idioma).

Texto M. X. Queimaliños