“Antergos” é unha serie documental de 8 capítulos producida por Redondela TV. O arqueólogo da empresa A Citania Xurxo Constela será o presentador da mesma, Xurxo amosaranos o patrimonio cultural de Redondela, para moitos esquecido ou ben descoñecido. Neste primeiro capítulo facemos unha introdución ao patrimonio cultural da vila de Redondela. Nos vindeiros capítulos trasladarémonos miles de anos ao pasado e contaremos como foron e como vivían os nosos antepasados.