Durante o forte temporal que asolou a vila de Redondela pasado inverno moitas estradas sufriron danos moi importantes e cun custe económico valorado polos técnicos do Concello en medio millón de euros. Dende o goberno municipal pedíronse axudas tanto ó Ministerio de Fomento como á Xunta de Galicia sendo a resposta inmediata, por parte de Deputación de Pontevedra non houbo contía económica algunha de aí que solicitemos o seguinte acordo. Que a Deputación de Pontevedra contribúa economicamente para poder seguir coas reparacións causadas polo temporal.