EducaTeatro Producións estrea este domingo, 9 de outubro,  no Auditorio da Xunqueira ás 17:00h e ás 19:00h a súa nova proposta teatral, O mundo máxico de Pinocho “unha curiosa adaptación ao teatro musical do clásico de Carlo Collodi” en palabras do produtor Xandre Vázquez quen salienta o difícil traballo de adaptación que supuxo condensar en 60 minutos este clásico da literatura.

“Un espectáculo multidisciplinar que mestura diferentes técnicas, como o teatro musical con voz e piano en directo, a maxia de grandes ilusións, as sombras chinesas e os corpóreos”. Un completo espectáculo no que a participación do público será constante, e que está especialmente pensado para o público familiar con cativos a partir de 2 anos.

Texto :M. X. Queimaliños