A Asociación Cultural e Social de Chapela inaugura este venres ás 20:00 horas na sala de exposicións do Multiusos de Chapela a mostra “25 anos fomentando a cultura” na que se recollen unhas trescentas fotografías que serven para lembrar os momentos máis salientables do Colectivo dende a súa posta en marcha no ano 1991. Os membros da Asociación renderán unha homenaxe ao seu fundador, Alejandro Bastos.
Todos eses momentos poderanse revivir a través das imaxes, unhas trescentas, que integran a exposición que se inaugura este venres no Multiúsos do Piñeiral e que se poderán visitar nas vindeiras semanas. Son centos de fotografías en papel das máis de 4000 fotos en formato dixital que compoñen o arquivo visual da asociación.

Texto:M. X. Queimaliños