Paulo Medal é o director e compositor do novo espectáculo de Educa Teatro Producións titulado “O mundo máxico de Pinocho” que se estreará este domingo día 9 no Multiusos da Xunqueira ás 17:00 e 19.00 h. Medal comenta que foi un traballo moi laborioso xa que dirixir e actuar á vez faise un pouco complicado pero todo está máis que rodado para saltar a escena. Lembramos que Paulo foi un dos actores das obras anteriores de Educa Teatro “Os porquiños ” e “Carapuchiña vermella”  e con esta nova obra esperan repetir os éxitos anteriores.