O pavillón da Marisma acolle o domingo 9 a celebración do I Trofeo Kendo Concello de Redondela. Unha actividade organizada polo Club Kendo de Vigo, a Federación galega de Judo e a Concellería de deportes, que quere con esta actividade “apostar por novas modalidades deportivas que non son maioritarias na nosa contorna”. A competición celebrarase dende as 11:30 ás 14:00 horas e a entrada ao pavillón é gratuíta. É a primeira vez que Redondela acollerá un torneo desta arte marcial