A Policía Nacional detivo un home de 52 anos que presuntamente introducía droga en España dende o Paraguai, cun sistema peculiar.  O detido, residía no país sudamericano, e dende alí facía envíos postais a destinarios falsos Redondela. Alí, a receptora devolvíaos a Correos porque non eran para ela. Entón, outro membro da trama pasaba a recollelos.
Os axentes descubriron que o remitente pensaba viaxar a España. Consideran que se trata dun individuo violento e perigoso, polo que decisiron montar un complexo operativo para arrestalo xa no aeroporto. Puxérono a disposición do Xulgado número un de Vigo.

Fonte :TVG