Accidente de tráfico mortal en Redondela. O ocupante dunha furgoneta perdeu a vida no sinistro. O suceso aconteceu a primeira hora desta tarde na estrada nacional 550, nas proximidades do centro urbano redondelán. Por causas que se descoñecen, a furgoneta invadiu o carril contrario e colidiu frontalmente cun camión.
Ata o lugar dos feitos trasladáronse efectivos de Protección Civil, axentes da Policía Local e da Garda Civil e mailos Bombeiros de Vigo, que excareraron os dous homes que viaxaban no seu interior. Un deles faleceu intres despois, a pesar dos esforzos dos sanitarios por lle salvar a vida, o outro, un mozo de 25 anos, foi trasladado a un hospital vigués en estado moi grave.