Samuel Blanco é natal de Chapela e milita nas filas do Club ciclista Rías Baixas, dende que comezou a subirse a bicicleta soubo ben claro que a súa meta sería converterse en ciclista profesional, polo momento vai camiño de conseguilo xa que nos últimos anos leva obtido unha morea  de méritos alá  onde vaia a competir.

Se ben fai pouco o Concello de Redondela recibía a Samuel no Concello tras proclamarse  subcampión Sub23 do campionato galego de contrarreloxo en Baños de Molgas en Ourense. Nesta ocasión foi recibido polo concelleiro de deportes Julio Mougán e polo alcalde de Redondela Javier Bas tras proclamarse campión da Volta Ciclista a Galicia 2016.

Aínda que non partía como favorito, as sensación enriba da bicicleta mellorarían na segunda etapa na que a partir da mesma o seu xefe de equipo Marcos Serrano vía a Samuel como o posible gañador da Volta.