Teresa París a concelleira de cultura de Redondela visitou o pasado sábado as instalacións do Museo de Rande co fin de festexar un ano máis a representación da Batalla de Rande. París recalcou que este feito histórico hai que preservalo e dinamizalo considera que é unha aposta en valor pola que Redondela ten que seguir apostando e conseguir unha festa de maiores dimensións. Unha vez consolidada a celebración non estaría mal darlle un valor a nivel europeo xa que hai varios países implicados na Batalla.