Todos os días aparecen novos casos de niños de avespas asiáticas, algún deles moi cerca das vivendas, coma un que descubriron os veciños do barrio de Chapela, en Redondela. Non foi fácil decatarse da existencia deste niño, xa que apenas se pode ver desde a rúa, pero tanto a Policía Local coma os bombeiros están estudando a forma de retiralo, dado o perigo que supón para os veciños pola proximidade ás súas vivendas. Onte non puideron facelo xa que non tiñan onde pousar a escaleira, e haberá que facelo cun guindastre especial, mesmo retirando a placa que as avespas usan como base do niño.