A Policía Nacional detivo unha parella por un delito de roubo con forza. Subtraeron obxectos en, polo menos, 11 iates e embarcacións deportivas en Chapela, Redondela.
Os obxectos foron localizados en diferentes locais de compravenda.
Estes son algúns dos obxectos que os axentes puideron recuperar de difentes locais de compravenda. Todos os efectos están relacionados co mar ou a pesca deportiva. A Policía comezou a investigación en agosto tras ter coñecemento de varios roubos no interior de iates que se atopaban atracados nun muelle de Chapela, en Redondela. Mentres a investigación avanzaba os asaltos volveron repetirse. Tras lograr novas probas, identificaron unha parella como posibles autores dos feitos.

O seu seguimento permitiu localizar o material e entregárllelo aos seus donos. Algúns deses obxectos todavía non os reclamaron polo que os axentes non desbotan que máis barcos fosen vítimas dos roubos e que os seus propietarios aínda non o saiban.
O home ten antecedentes por feitos semellantes e a muller carecía deles. Os dous pasaron xa a disposición xudicial.