O grupo A.E.R presentou unha moción dicindo que dende a súa chegada ao concello de Redondela intentaron mudar certos hábitos xa instalados no Concello polos distingos grupos de goberno, un dos propósitos da agrupación é acadar a municipalización dos servizos públicos que se foron privatizando ao longo dos anos. Un dos servizos públicos de maior importancia é o de abastecementos de auga potable e saneamento que actualmente presta o servizo na Vila por parte de Acualia, a día de hoxe o contrato está piques de finalizar. A Agrupación de Electores propón proceder á denuncia do contrato en servizo que presta actualmente Acualia e proceder a súa municipalización