O Partido Popular presentou unha moción no pleno do mes de outubro sobre a planta de tratamento de augas de Redondela xa que cando foi construída no ano 1992 non foi situada no lugar axeitado pola proximidade dos centros educativos . O longo do tempo ata día de hoxe foron realizándose distintas mellores técnicas co propósito de incrementar o rendemento. Nestes intres a depuradora está obsoleta polo que o Partido Popular presenta unha moción na que se inste a Xunta de Galicia a que busque unha mellor ubicación da mesma e que se elabore un proxecto dunha nova depuradora.