O veciño de Redondela que recoñeceu que abusara sexualmente da súa sobriña non irá a prisión.O acusado admitiu os feitos durante o xuízo e chegou a un acordo coa Fiscalía, que rebaixou a petición de pena de 8 a 2 anos de prisión. Con esa condena non ingresará no cárcere porque non ten antecedentes e xa pagou unha indemnización á vítima, quen ten recoñecida unha discapacidade física e psíquica do 65 por cento.