Francisca Canal máis coñecida como “Paqui” xa que así é como nos pide que a chamemos foi a única muller ata o de agora que se presentou como cabeza de lista polo Partido Popular  por Redondela para intentar  conseguir a alcaldía de Redondela. “Paqui” é natal de Redondela concretamente de Vilavella de pequena lembras as inundacións de Redondela o igual que o son da sirena da fábrica de Regojo.
Aínda que existían varias discotecas en Redondela ela e as súas amigas ían a discoteca Diva e nalgún caso desprazábanse ata Vigo para saír pola zona de marcha do Areal  daquel entón .

Redondelatv entrevistou a “Paqui” no Centro Sociocomunitario de Redondela xa que a día de hoxe é a directora do mesmo, neste primeiro reportaxe Canal coméntanos como era a Vila por aquel entón.