Fillo de Saturno Cal Muíños. Na Segunda República formou parte da Xuventudes Socialistas, Izquierda Republicana e Partido Galeguista. Foi elixido responsábel de propaganda das Mocidades Nazonalistas para Pontevedra en xaneiro de 1936. Despois da guerra foi mestre (1941) e directivo do Casino. En 1948 foi detido acusado de participar no Socorro Rojo, sendo condenado a nove anos de prisión. Saíu en 1950 en liberdade vixiada. Reintegrouse á súa profesión de mestre e estivo destina na provincia de Logroño sete anos. Á volta foi mestre en Ponteareas, O Viso e Reboreda. En 1973 participou na creación da Asociación de Veciños de Redondela. Presentouse ás primeiras eleccións democráticas polo PCE.

 

fonte: Cultura Galega