Juán Puertas segue a esperas dunha chamada telefónica no mercado de inverno que o vincule algún equipo punteiro do fútbol sala. Aínda que de momento está moi cómodo e feliz de xogar en Redondela xa que é un dos equipos da súa vida. Redondela tv emite a última parte da reportaxe e agradecemos a Juán a súa colaboración con nós, desexámoslle o mellor para el e agardamos que pronto volte a xogar na primeira división, xa que aínda lle quedan moitas cousas que amosar na máxima categoría.