Varias son as obras que está a padecer a vila de Chapela polo que dificulta a zona onde poder deixar os coches ben aparcados, o Partido Socialista levou unha moción ó pleno onde solicitan a creación dun plan de aparcadoiros mediante un convenio entre a Xunta de Galicia, o Ministerio de Fomento e o Concello de Redondela que amplíe a zona de aparcadoiros entre a estación de ferrocarril e o Bar Nando. Tamén se lle pide ao Concello que inicie negociacións con Renfe para a creación de aparcadoiros na zona da estación de Ferrocarril entre outros puntos a maiores .