A concelleira de Cultura Teresa París deu por comezado as festas de Nadal co acendido do alumeado das rúas da Vila. O acto tivo lugar na praza do Concello onde centos de rapaces esperaban impacientes dende minutos antes á hora de dar comezo as festas. O estivo marcado pola actuación musical do conservatorio de Redondela Víctor Ureña e cunha espectacular nevarada onde os máis cativos non pararon de xogar coas folerpas de neve.